13/01/11

HORA DE LER

Este mércores 12 de xaneiro reunímonos na biblioteca un grupo de profesores implicados n'A HORA DE LER para tratar de detectar problemas na implantación dos 20 minutos diarios de lectura na ESO. E os problemas afloraron. Aquí vos deixamos un resumo do tratado:
-En primeiro lugar decidimos habilitar dous lugares para mellorar a comunicación entre os profesores implicados no proxecto, e deixar suxestións ou comunicacións sobre este tema: este blog e o taboleiro da entrada á biblioteca.
-A continuación algúns titores sinalaron que non se está a ler en todas as horas seleccionadas na avaliación inicial e que quedaron anotadas no horario exposto na sala de profesores.
-Detectouse que nalgúns casos non todos os alumnos dun curso van pola mesma páxina do libro, xa que ás veces len en horas nas que non está todo o grupo xunto.
Nestes casos quedouse en que cando se xuntasen retomarían sempre a lectura pola última páxina lida por todos.-Detectouse tamén que nalgúns cursos xúntase nunha hora, na que toca ler, dúas metades de grupos distintos, polo que se dá a circunstancia de que hai dous libros de lectura diferentes.Nestes casos quedouse en que a lectura sería silenciosa.-Un profesor queixouse por non contar cun exemplar do libro por alumno.Explicóuselle que non hai cartos para tantos libros, pero que trataríamos desde a biblioteca de conseguir máis exemplares a través de páxinas de préstamo de libros entre centros escolares.-Finalmente fíxose unha valoración positiva sobre os libros elixidos, con algunha excepción.Haberá que facer unha valoración ao final e unha enquisa entre todos os profesores e os alumnos para ver qué libros funcionaron e qué libros debemos cambiar para o curso que vén.


IDE COMENTANDO NESTA ENTRADA TODAS AS INCIDENCIAS E SUXESTIÓNS QUE CONSIDEREDES SOBRE OS LIBROS DE LECTURA.