18/09/15

Hora de ler 2015-2016

O noso proxecto lector recolle que a HORA DE LER son 20 minutos diarios en todas as aulas da ESO nos que se pode facer:
-lectura silenciosa
-lectura en voz alta
-lectura do profesor como modelo
e nos que se pode ler:
-contos
-novelas
-poemas
-xornais
-cómics
-libros informativos
e que o soporte pode ser o que cada un decida: papel, libro electrónico, ordenador, tableta, DVD...
Se queredes subir unha caixa con material a algunha das vosas aulas, pasádevos por biblioteca e conxuntamente o elixiremos.

Éste é o modelo de horario para anotarse nos diferentes grupos e materias na HORA DE LER e que imos repartir nos primeiros días curso. Haberá un horario por grupo e podedes anotarvos na hora de titoría ou da materia que queirades, podedes facelo por todo o curso, por un trimestre ou por un mes. Unha vez cubertos todos os horarios de todos os grupos, serán expostos nos taboleiros das aulas e da sala de profesores.
Comezaremos no mes de outubro.

HORA DE LER                                                       1º ESO A
HORAS
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES

profesor
materia
título






profesor
materia
título






profesor
materia
título






profesor
materia
título






profesor
materia
título






profesor
materia
título






profesor
materia
título






profesor
materia
título







Sem comentários:

Enviar um comentário