-En primeiro lugar decidimos habilitar dous lugares para mellorar a comunicación entre os profesores implicados no proxecto, e deixar suxestións ou comunicacións sobre este tema: este blog e o taboleiro da entrada á biblioteca.
-A continuación algúns titores sinalaron que non se está a ler en todas as horas seleccionadas na avaliación inicial e que quedaron anotadas no horario exposto na sala de profesores.
-Detectouse que nalgúns casos non todos os alumnos dun curso van pola mesma páxina do libro, xa que ás veces len en horas nas que non está todo o grupo xunto.Nestes casos quedouse en que cando se xuntasen retomarían sempre a lectura pola última páxina lida por todos.-Detectouse tamén que nalgúns cursos xúntase nunha hora, na que toca ler, dúas metades de grupos distintos, polo que se dá a circunstancia de que hai dous libros de lectura diferentes.Nestes casos quedouse en que a lectura sería silenciosa.-Un profesor queixouse por non contar cun exemplar do libro por alumno.Explicóuselle que non hai cartos para tantos libros, pero que trataríamos desde a biblioteca de conseguir máis exemplares a través de páxinas de préstamo de libros entre centros escolares.-Finalmente fíxose unha valoración positiva sobre os libros elixidos, con algunha excepción.Haberá que facer unha valoración ao final e unha enquisa entre todos os profesores e os alumnos para ver qué libros funcionaron e qué libros debemos cambiar para o curso que vén.
IDE COMENTANDO NESTA ENTRADA TODAS AS INCIDENCIAS E SUXESTIÓNS QUE CONSIDEREDES SOBRE OS LIBROS DE LECTURA.