-En primeiro lugar decidimos habilitar dous lugares para mellorar a comunicación entre os profesores implicados no proxecto, e deixar suxestións ou comunicacións sobre este tema: este blog e o taboleiro da entrada á biblioteca.
-A continuación algúns titores sinalaron que non se está a ler en todas as horas seleccionadas na avaliación inicial e que quedaron anotadas no horario exposto na sala de profesores.
-Detectouse que nalgúns casos non todos os alumnos dun curso van pola mesma páxina do libro, xa que ás veces len en horas nas que non está todo o grupo xunto.Nestes casos quedouse en que cando se xuntasen retomarían sempre a lectura pola última páxina lida por todos.-Detectouse tamén que nalgúns cursos xúntase nunha hora, na que toca ler, dúas metades de grupos distintos, polo que se dá a circunstancia de que hai dous libros de lectura diferentes.Nestes casos quedouse en que a lectura sería silenciosa.-Un profesor queixouse por non contar cun exemplar do libro por alumno.Explicóuselle que non hai cartos para tantos libros, pero que trataríamos desde a biblioteca de conseguir máis exemplares a través de páxinas de préstamo de libros entre centros escolares.-Finalmente fíxose unha valoración positiva sobre os libros elixidos, con algunha excepción.Haberá que facer unha valoración ao final e unha enquisa entre todos os profesores e os alumnos para ver qué libros funcionaron e qué libros debemos cambiar para o curso que vén.
IDE COMENTANDO NESTA ENTRADA TODAS AS INCIDENCIAS E SUXESTIÓNS QUE CONSIDEREDES SOBRE OS LIBROS DE LECTURA.
Os alumnos de 2º ESO A e 2ºESO B remataron de ler os seus libros , asi que a semana que vén xa poden intercambialos entre si.
ResponderEliminarDeberían esperar a que acabase de ler 2º de ESO C, e así o intercambio entre os tres é factible:
ResponderEliminarS2ºA>>>>S2ºC
S2ºC>>>>S2ºB
S2ºB>>>>S2ºA
Mentres, os cursos que acabaron poderían ir lendo algún libro de contos curtos que hai na sección xuvenil da biblioteca.
Tes razón niso, pero o grupo de 2º ESO C vai moito máis lento, e igual hai que agardar moito tempo.
ResponderEliminarS1ºA xa acabou o seu libro "Manolito gafotas" e vai comezar estes días a ler "Tres pegadas", á espera de que terminen S1ºB e S1ºC. E estamos de sorte xa que había na biblioteca exemplares suficientes para que cada alumno poida ter un libro.
ResponderEliminarEn canto a S2ºA e B, o luns darémoslle aos titores para que os repartan os exemplares do libro que van ler mentres esperan a que acabe S2ºC. En concreto S2ºB vai ler "Boy" de Roald Dahl, e S2ºA unha lenda de Bécquer.
Os alumnos de 1º de ESO xa estan intercambiando os seus libros. Este trimestre toca:
ResponderEliminarS1ºA Todas as preguntas......
S1ºB O carteiro de Bagdag
S1ºC Manolito Gafotas
Os alumnos de 2º de ESO B van coma cohetes co libro de Roald Dahl "BOY". De momento parece que lles gusta e len con moito entusiasmo.
ResponderEliminarXa están as copias da lenda de Bécquer para S2ºA, repartirémolas o luns. Agora só falta que S2ºC acabe o seu libro para poder intercambialos.
ResponderEliminarOs alumnos de 4ºD tamén remataron de ler o seu libro. Agora falte que rematen os alumnos dos outros grupos.
ResponderEliminarXa intercambiaron os libros os alumnos de 2º de ESO, quedando neste momento así:
ResponderEliminarS2ºA:La canción de Hannah
S2ºB: el señor del cero
S2ºC: contos por palabras
Agora hai que ir terminando en 3º e 4º de ESO.
Estamos estes días intercambiando os libros en 3º de ESO:
ResponderEliminarS3ºA pasa a ler "o pintor do sombreiro de malvas"
S3ºB pasa a ler "Así aman los dioses"
S3ºC pasa a ler "La clave secreta del universo"
Á volta de Entroido haberá que ver qué está a pasar en 4º, pois semella que aínda non acabaron os libros.
ResponderEliminarOs alumnos de 2ºA xa remataron La canción de Hannah e os de 2º B remataron El señor del cero.
ResponderEliminarXa cambiamos os libros de 3º, quedando agora así:
ResponderEliminarS3ºA: MARCOS S. CALVEIRO, O pintor do sombreiro de malvas
S3ºB: CONCHA ROMERO, Así aman los dioses
S3ºC: LUCY & STEPHEN HAWKING, La clave secreta del universo
En 4º xa devolveron "Momentos estelares de la humanidad", que leron en 4ºA. A semana que vén miraremos qué está pasando en 4ºB e 4ºC.
ResponderEliminar