26/05/09

AS REGRAS DE XOGO


Noemí de 4ºC recoméndanos a lectura deste libro de Ramiro Fonte.

"Gustoume moito o libro xa que os relatos son moi entretidos e porque me gustan moito os libros de suspense e de crimes.
Ramiro Fonte mantén a atención do lector e consegue describir unhas paisaxes e uns lugares moi propicios para cada escena ou cambio de escena. Todos son moi diferentes pero todos teñen en común o suspense e o crime.
Os relatos que máis me gustaron foron "Spione", "As regras de xogo", "O xogador no aire" e "Crónicas de xornal".
"Spione" e "As regras de xogo" gustáronme porque mestura o suspense, o crime e o amor. Ademais pódese ver moi ben a infedelidade ou os cambios que teñen os personaxes durante o relato nalgunhas escenas.
"O xogador no aire" e "Crónicas de xornal" encantáronme porque a historia é orixinal e diferente. Ademais non se espera o final do relato. Ás veces pérdeste no medio do relato, pero logo encóntraste e entendes perfectamente a historia.
Os personaxes de cada historia son moi orixinais e as súas características afectan moito nas súas accións e, incluso, no desenlace. Cada personaxe é único e Ramiro Fonte crea unha atmosfera chea de misterio que nos fai pensar sobre o que sucede."

Sem comentários:

Enviar um comentário